Kadonnut Manner actuará o vindeiro 15 de setembro no Buril de Sarria
O Buril de Sarria organiza un novo concerto de rock para o vindeiro 15 de setembro, que comezará a partir das 22.30 horas e polo que haberá que pagar unha entrada de cinco euros.
O grupo convidado será Kadonnut Manner, que a través da súa guitarra tradicional e acústica de cordas de aceiro instrumental de Finlandia introducirá aos asistentes ao transo mediante a súa música hipnótica.
A hipnótica, crúa e cinematográfica música instrumental de Kadonnut Manner invoca vívidas imaxes nas cabezas de quen a escoita máis rápido do que o faría calquera substancia química.
Esta música bebe das influencias da escola de guitarra primitiva americana de John Fahey, do country blues de Skip James e Mississippi John Hurt e da música folk finlandesa, pero non require ningún coñecemento previo por parte do oínte, só unha mente aberta.