KM 115 proclamouse campión do torneo de Nadal en Sarria, seguido por Tibor Meira e Colonos

O pavillón do Chanto encheuse esta pasada fin de semana coa celebración do torneo de futbol sala de Nadal organizado polo Concello de Sarria, que contou coa participación de 16 equipos.
Tras unhas partidas intensas e moi disputadas, KM 115 proclamouse campión, recibindo 800 euros e trofeo, seguido por Tibor Meira, que obtivo 400 euros e trofeo. Colonos completaron o podio cun terceiro posto e un premio de 120 euros, mentres que Val do Mao rematou en cuarta posición.
No apartado individual, Javier, do Val do Mao, foi recoñecido como mellor xogador, mentres que Saúl, de KM 115, recibiu o galardón ao mellor porteiro. O torneo consolidouse como unha cita deportiva de Nadal, que combina diversión, competitividade e espírito de comarca.