La Duendeneta chega a Sarria
SarriaXa
Este 19 de xuño, ás 19.00 horas, la Duendeneta chegará coa súa música ata o paseo do Malecón na vila de Sarria.
17 Jun 2022
Este 19 de xuño, ás 19.00 horas, la Duendeneta parará no paseo do Malecón en Sarria.
Este domingo 19 de xuño, ás 19.00 horas, está previsto que La Duendeneta se deteña no paseo do Malecón de Sarria. Este peculiar music truck andará máis de 20 vilas e cidades situadas no Camiño de Fisterra, o Francés e a Vía da Prata.
Baixo o nome dos Camiños das Músicas Galegas, este proxecto de índole cultural busca dar a coñecer a música creada por galegos na nosa lingua e faino “dunha forma amena e divertida” para espallar esta entre peregrinos e veciños.
A sesión de Sarria estará liderada por Carlos Crespo, quen conducirá o evento comentando "a historia e o presente da música en galego" e recordando figuras imprescindibles nesta arte como Andrés Do Barro ou as Tanxugueiras.