La Duendeneta chegará a Triacastela o 20 de xuño

SarriaXa
La Duendeneta viaxará o 20 de xuño ata Triacastela para poñer a todo o mundo en pé a danzar coa súa música.
la_duendeneta_recortado
14 Xuño 2022

La Duendeneta viaxará o 20 de xuño ata Triacastela para poñer a todo o mundo en pé a danzar.

Ao longo dos os meses de xuño e xullo, La Duendeneta, este peculiar music truck andará máis de 20 vilas e cidades situadas no Camiño de Fisterra, o Francés e a Vía da Prata. Baixo o nome dos Camiños das Músicas Galegas, este proxecto de índole cultural busca dar a coñecer a música creada por galegos na nosa lingua e faino "dunha forma amena e divertida" para espallar esta entre peregrinos e veciños.
O vindeiro luns, 20 de xuño, será o turno de Triacastela, concello que agarda con emoción a chegada da  música e a festa.

la_duendeneta
0.16254091262817