La Unión acolle unha sesión de Baño de Son impartida por Marian García de Vicuña este domingo

SarriaXa
La Unión acolle unha sesión de Baño de Son impartida por Marian García de Vicuña este domingo, 21 de maio de 2023
La Unión Sarria
20 Maio 2023

Marian García de Vicuña será a encargada de impartir unha nova sesión de Baño de Son este domingo, 21 de maio, na Sociedade Cultural La Unión.

Para esta actividade, a responsable da actividade pide aos asistentes que leven unha esterilla e unha mantiña para conseguir meterse de cheo na actividade.

O horario será ás 20.00 horas para que as persoas poidan chegar á máxima relaxación a través dos sons de diferentes instrumentos e a unha hora na que xa case é de noite.

A duración será de, máis ou menos, unha hora.

0.080015182495117