La Unión acollerá a presentación dunha nova asociación relacionada co pasamento
O vindeiro domingo, 7 de abril, a Asociación Vivir Para Bien Morir organiza unha xornada de portas abertas na sociedade cultural La Unión de Sarria, que lles cede o local para presentar a Asociación na comarca.
O acto terá unha duración de 4 horas aproximadamente, de 16.30 a 20.30 horas, cun programa variado no que haberá unha presentación das actividades da asociación, a dor, audicións de contos e experiencias persoais.
Os temas fundamentais que desenvolve a asociación son: o morrer, o vivir, o acompañamento, o dó e a sofroloxía, que se imparten ao longo do ano en charlas, conferencias, talleres ou cursos de formación; ademais do voluntariado no acompañamento ao bo morrer do enfermo e dos seus familiares.
Esta asociación réxese polo concepto "ecléctico" e pretende promover unha consciencia comunitario-social para un ben morrer, a través dun vivir en plenitude de conciencia, máis aló de calquera confesión relixiosa.