La Unión acollerá unha mostra pictórica de Carmen Prado do 1 ao 15 de xuño

SarriaXa
A inauguración será este sábado a partir das 19.30 horas
Carmen-Prado
27 Maio 2024

A artista luguesa Carmen Prado será a protagonista dunha mostra pictórica que se inagurará o vindeiro 1 de xuño na Sociedade Recreativo-Cultural La Unión de Sarria ás 19.30 horas.

Nesta, Carmen Prado ofrecerá unha composición das súas obras pictóricas nas que destaca a representación da figura feminina que poderá visitarse ata o vindeiro 15 de xuño.

O xornalista Francisco Rivera Cela será o encargado de presentar o acto, que no que tamén se falará da vida da artista, que leva máis de 20 anos dedicada ao debuxo anatómico e científico.

0.08751916885376