La Unión de Sarria acolle unha observación astronómica dos planetas e as estrelas este sábado

SarriaXa
Este sábado, 23 de decembro, terá lugar en La Unión de Sarria unha actividade consistente nunha observación astronómica a partir das 19.
20 Dec 2023

Este sábado, 23 de decembro, terá lugar en La Unión de Sarria unha actividade consistente nunha observación astronómica a partir das 19.30 horas se o ceo está despexado.

Borja Tosar, astrofísico e divulgador científico, será o encargado de guiar esta actividade, na que poderán participar todas as persoas interesadas que se acheguen a La Unión nese horario.

Durante a iniciativa, instalarase un telescopio profesional e, con el, observarase a lúa e dous planetas que, segundo Borja, son os que mellor se ven nesta época porque están nunha posición adecuada, que son Saturno e Xupiter. Ademais, tamén se verán as principais estrelas e constelacións da Galaxia.

A actividade, que será fóra, probablemete ao lado da fonte que está dentro do recinto de La Unión, será un momento interesante para os cativos e os adultos interesados en ver de preto o ceo.

⚙ Configurar cookies
0.2754590511322