La Unión organiza unha festa infantil de entroido o 28 de febreiro
As asociacións de Sarria seguen organizando actividades para festexar o entroido. Nesta ocasión é a sociedade cultural e recreativa La Unión de Sarria que planificou unha festa de disfraces infantil. Esta cita recupérase despois de que o ano pasado non se puidera celebrar motivado pola pandemia.
Esta celebración en colaboración co Concello de Sarria invita aos nenos da vila a pasar un bo rato disfrazados. A entrada será de balde.
A festa dará comezo o luns 28 ás 17.30 horas na carpa de La Unión e contará con animación infantil co fin de promover actividades lúdicas e de ocio para os pequenos.
Habitualmente, os socios da entidade realizan unha comida que aínda non ten data.
Esta festa súmase ao desfile e concurso que terá lugar o 6 de marzo, despois de que se aplazara pola volta ciclista que será este domingo 27 de febreiro.