La Vieja Taberna proclamouse campión do XXXIV Torneo Fútbol Sala San Xoán de Sarria 2024
Sarria acolleu esta fin de semana o XXXIV Torneo Fútbol Sala San Xoán de Sarria 2024 no pavillón José Mario González do Chanto, no que participaron 25 equipos chegados de Quiroga, Monforte, e tamén de Sarria.
Destes 25, o campión foi La Vieja Taberna, que conseguiu o primeiro premio de 1.500 euros e trofeo; mentres que os segundos foron Alumisar, que recibiron 700 euros. Con respecto aos 3º, estes foron Os Amigos, que recibiron 250 euros; e os 4º foron Bar Dickens, que obtiveron 250 euros.
Con respecto aos últimos, que recibiron todos 150 euros, quedaron de 5º Os Colonos, de 6º Bar Choupal / Dpont, de 7º A Lareira e de 8º Taberna Orixe.
Ademais, tamén tiveron premio o mellor porteiro, Losada, da Vieja Taberna; e Héctor, de Alumisar, como mellor xogador. Así, tamén se fixo un quinteto ideal, que estaría formado por Saúl Tourón, de Os Amigos; Kevin Mejuto, de Os Amigos; Diego Torres, de Vieja Taberna; Antucho, de Alumisar; e Rubén Díaz, de Cafetería Dickens.