Lamatumbá súmase ao cartel do Festival Terra Brava do Incio

SarriaXa
"Este ano temos o pracer de poder contar cos auténticos e inigualables reis da watercumbia, a pachanga e a festa na súa máxima dimensión", destacaron desde a organización
Lamatumbá
5 May 2025

O Festival Terra Brava segue sumando forza e ritmo para a súa edición deste ano, que se celebrará o vindeiro 16 de agosto no Incio.

A organización acaba de anunciar a incorporación dunha nova banda ao cartel: Lamatumbá, o mítico grupo galego nacido en marzo de 1998, coñecido pola súa mestura de estilos e, sobre todo, polo seu inconfundible son fiesteiro e verbeneiro.

"Este ano temos o pracer de poder contar cos auténticos e inigualables reis da watercumbia, a pachanga e a festa na súa máxima dimensión", destacaron desde a organización, celebrando a presenza dunha banda que, alá onde vai, consegue facer bailar a todo o público.

Con esta nova confirmación, Lamatumbá súmase a outras dúas propostas xa anunciadas: Kumpania Algazarra, banda portuguesa recoñecida pola súa enerxía arrolladora e a súa mestura explosiva de afrobeat, ska e ritmos balcánicos; e Sacha na Horta, formación galega con longa traxectoria que será un dos pratos fortes do evento grazas á súa sólida presenza na escena musical do país.

Con estes tres grupos no cartel ata o de agora, o Festival Terra Brava promete unha edición vibrante, diversa e cargada de enerxía, onde o baile e a diversión estarán garantidos de principio a fin.

⚙ Configurar cookies
0.10675716400146