Láncara acolle a iniciativa 'Galicia Sabe Amar' o mércores

Este mércores, 19 de marzo, o municipio de Láncara será un dos puntos de parada da campaña itinerante Galicia Sabe Amar, promovida pola Xunta de Galicia e cofinanciada pola Unión Europea. Esta iniciativa busca poñer en valor os produtos do mar galego e fomentar o seu consumo entre a cidadanía.
A xornada contará con dúas actividades programadas. Pola mañá, o evento desenvolverase no CPI Ramón Piñeiro, en horario de 10.00 a 13.00 horas, onde se realizarán actividades educativas e de sensibilización dirixidas ao alumnado.
Pola tarde, a cita será na Praza dos Labregos, de 17.00 a 19.00 horas, onde se ofrecerá información e degustacións ao público en xeral, achegando á veciñanza de Láncara a riqueza e calidade dos produtos do mar de Galicia.
Co lema Galicia sabe amar, esta campaña percorre diferentes localidades para destacar a importancia do sector pesqueiro galego e a súa vinculación coa identidade e coa economía da comunidade.
O Concello de Láncara convida a toda a poboación a participar nesta xornada para coñecer de preto todo o que o mar galego ten para ofrecer.