Láncara acolle esta tarde o espectáculo de maxia con libros do mago Deimi

SarriaXa
O Mago Deimi actuará na Biblioteca Municipal do Concello de Láncara esta tarde cun espectáculo de maxia con libros
Mago Deimi
Mago Deimi
19 Maio 2023

Esta tarde, ás 16.00 horas, o Mago Deimi actuará na Biblioteca Municipal do Concello de Láncara cun un espectáculo de maxia variada, "onde todos os xogos están relacionados con libros, pizarras, obras literarias, incluso xogos de maxia onde os asistentes teñen que ler para poder disfrutar da maxia", explica o mago.

Así, as persoas que asistan verán que “a maxia está nos libros” nun acto organizado polo goberno local do municipio lancarés no que predominará o dinamismo cun estilo cómico e desenfadado.

O mago Deimi é natural de Ribadavia (Ourense) e tivo afección pola maxia desde neno, adquiriu a súa formación da man de mestres e tamén de forma autodidacta para ir, co paso dos anos, adquirindo unha personalidade propia e deixando un sinal característico nos seus espectáculos.

Mago Deimi Láncara
0.17340087890625