Láncara acolle unha tarde de actividades fluviais
Láncara acolle unha xornada de actividades fluviais gratuítas o vindeiro domingo 25 de xullo. Tobogáns, kaiaks, paddle surf e rocódromos acuáticos, son algunhas das actividades das que todos os nenos e nenas que o desexen poderán disfrutar. O horario no que se levará a cabo será de 16 a 19 horas e os participantes contarán con monitores especializados, que lles ensinarán e cos que farán as diferentes actividades dispoñibles.
A xornada celebrarase na praia fluvial da Pobra de San Xiao e levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes -distancia de seguridade, desinfección, grupos reducidos, etc-. Desta maneira, os nenos e nenas gozarán dunha tarde de río diferente, fresca e amena; na que se poderán xuntar veciños, veciñas e visitantes da vila.
Para máis información pódese contactar co teléfono 636 504 155. Así mesmo, dende a organización animan a todos e todas a participar e a divertirse dunha xornada pasada por auga.