Láncara acolle unha visita de Papa Noel

SarriaXa
Láncara acolle unha visita de Papa Noel para recibir as cartas de Nadal e desfrutar dunha tarde de xogos e chocolatada
nadal papa noel
nadal papa noel
20 Dec 2022

Papa Noel visitará o Concello de Láncara, que organiza, dentro das actividades de Nadal, unha gran festa o vindeiro 22 de decembro de 16.00 a 19.00 horas.

Todos os nenos e nenas de Láncara deberán traer as súas cartas de desexos e agasallos de Nadal a Papa Noel, que as recibirá e pasará un rato con eles no Polifuncional do Campo da Feira.

Alí, ademais, haberá actividades como o pintacaras, xogos de baile e chocolatada para que as familias, adultos e pequenos desfruten dunha tarde máxica.

Papá Noel Láncara
0.080520868301392