Láncara acollerá a 15ª etapa da Vuelta con paso pola nova rotonda de A Pobra de San Xiao

O próximo domingo, 7 de setembro, a 15ª etapa da Vuelta Ciclista a España pasará polo Concello de Láncara.
A caravana entrará pola nova rotonda de A Pobra de San Xiao e percorrerá toda a Rúa Benigno Quiroga. Segundo o horario previsto pola organización, a caravana alcanzará Láncara a partir das 15:17 e os corredores farano arredor das 16:08, no mellor dos casos.
As autoridades municipais animan a todos a acompañar a Volta e a presumir da nova imaxe que ofrece o Concello, lembrando a importancia de extremar a precaución e respectar as indicacións da organización.