Láncara acollerá clases de ximnasia nos meses de abril e maio

SarriaXa
O Concello de Láncara, da man da Deputación de Lugo, organiza unhas xornadas de promoción do deporte en abril e maio.
20 Mar 2024

O Concello de Láncara, da man da Deputación de Lugo, organiza unhas xornadas de promoción do deporte en abril e maio.

As actividades, clases de ximnasia, comezarán o día 4 e 5 de abril coa intención de promover entre os veciños e veciñas a práctica deportiva.

Así, o día 4 comezarán no edificio polifuncional da Pobra de San Xiao de 18.00 a 19.00 horas e o día 5 na antiga escola de Láncara de 17.00 a 18.00 horas.

0.14023208618164