Láncara acollerá este verán un taller de cerámica
SarriaXa
A Asociación Cultural Val de Láncara é a promotora desta actividade que se impartirá na antiga escola de Láncara,
14 Xuño 2022
A Asociación Cultural Val de Láncara é a promotora desta actividade.
Fica aberta a inscrición para este novo taller de cerámica que será impartido por "Ceniza de Papel". As sesións acontecerán na antiga escola de Láncara, pagando os non socios 15 euros e os socios 5 euros por semana. Asemade, o taller prolongarase dende o 27 de xuño ata p 8 de xullo e será ofertado de luns a venres, de 20.30 da tarde a 22.30 da noite.
No referente a dúbidas e inscricións, os interesados poden consultalas chamando ao 649108824 ou tamén ao 691175650.