Láncara acollerá o espectáculo teatral 'Pinconús' o vindeiro 16 de setembro

SarriaXa
O vindeiro 16 de setembro, Láncara acollerá un espectáculo de comedia musical para todos os veciños e veciñas do municipio a partir das 12.
pinconus teatro
5 sep 2023

O vindeiro 16 de setembro, Láncara acollerá un espectáculo de comedia musical para todos os veciños e veciñas do municipio a partir das 12.00 horas, que terá lugar no espazo polifuncional do campo da feira da Pobra da San Xiao e estará dirixido por José Campanari coa música de Piti Sanz.

Baixo o título de ‘Pinconús’, este grupo teatral interpretará unha escena na que na estación de tren de Aquimesmo, un viaxeiro decidido a deixalo todo para chegar ao seu novo lugar de traballo atópase cunha viaxeira que quere ser a única que colla o tren.

Mediante o humor e a música, xúntanse na escena para xogar unha espera de absurdos encontros e desencontros co fin de chegar a ese lugar ao que todos queren ir, pero moi pouca xente se atreve, chamado Pinconús.

picons Lancara
0.16055393218994