Láncara acollerá o I Master de Pesca a Mosca por parellas no río en setembro

SarriaXa
O evento, organizado polo Clube de Pesca Río Neira de Láncara, repartirá máis de 1000 euros en premios entre as parellas participantes
pesca-rio-Neira
25 Jun 2025

O Concello de Láncara converterase nun punto de referencia para os afeccionados á pesca deportiva coa celebración do I Master de Pesca a Mosca por Parellas Río Neira, que terá lugar os días 6 e 7 de setembro de 2025.

O evento, organizado polo Clube de Pesca Río Neira de Láncara, repartirá máis de 1000 euros en premios entre as parellas participantes, que competirán nas augas do emblemático río Neira.

A iniciativa conta co apoio de numerosos patrocinadores e colaboradores da zona, entre os que destacan empresas do sector da pesca, a restauración, a industria alimentaria e o comercio local, o que pon de manifesto a implicación do tecido económico e social da comarca na promoción desta disciplina.

A inscrición permanece aberta e pode formalizarse a través dos números de contacto de Ali (606 318 225) e Javier (661 464 557), responsables da organización.

Con esta primeira edición, o Clube de Pesca Río Neira busca consolidar un evento competitivo e atractivo que promova a pesca sostible, fomente o respecto polo medio ambiente e impulse o turismo rural e deportivo na comarca de Láncara.

⚙ Configurar cookies
0.14868092536926