Láncara acollerá un curso gratuíto sobre orientacións agroecolóxicas para o manexo da horta

SarriaXa
As inscricións poden realizarse a través dos teléfonos 604 027 886 e 982 231 154, ou no correo electrónico lugo@sindicatolabrego.gal
horta-galega
19 Aug 2025

A Asociación Cultural Val de Láncara acollerá os días 20, 21 e 27 de setembro un curso gratuíto titulado 'Orientacións agroecolóxicas para o manexo da horta', dirixido a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas.

A formación será impartida por Andrés Castro e desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 horas. O obxectivo é ofrecer ferramentas prácticas e teóricas para unha xestión sostible e respectuosa co medio ambiente das hortas familiares e profesionais.

As inscricións poden realizarse a través dos teléfonos 604 027 886 e 982 231 154, ou no correo electrónico lugo@sindicatolabrego.gal.

O curso está organizado polo Sindicato Labrego Galego, COAG e Formación Agroalimentaria, e conta cunha financiación ao 100% por parte do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do Goberno de España.

⚙ Configurar cookies
0.12626099586487