Láncara acollerá un curso gratuíto sobre plantas aromáticas e medicinais

SarriaXa
O curso será impartido por María Frá Bagaria, recoñecida experta na materia e a formación está dirixida a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas
Mercadiño-navideño-Val-de-Láncara
25 Mar 2025

O Sindicato Labrego Galego e COAG, coa colaboración da Asociación Cultural Val de Láncara, organizan un curso gratuíto en Láncara titulado 'Plantas aromáticas e medicinais'.

Este curso celebrarase os días 9, 10 e 11 de maio nas instalacións da Asociación Cultural Val de Láncara. As sesións desenvolveranse o 9 de maio, de 15.00 a 19.00 horas, e os días 10 e 11 de maio, de 9.00 a 13.00 horas.

O curso será impartido por María Frá Bagaria, recoñecida experta na materia e a formación está dirixida a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas.

As persoas interesadas poden inscribirse a través dos números 982 231 154 e 604 02 78 86, así como no correo: lugo@sindicatolabrego.gal

⚙ Configurar cookies
0.55016899108887