Láncara acollerá unha das paradas das Saídas Rurais da Cruz Vermella o venres 18 de xullo

O venres 18 de xullo ás 18:00 horas, a Área Recreativa Manuel Fernández Arrojo, en Láncara, será escenario dunha nova parada do programa Saídas Rurais da Cruz Vermella de Lugo.
Esta iniciativa, que se desenvolve durante os meses de xullo e agosto, busca achegar actividades e servizos ás zonas máis rurais da provincia, especialmente ás persoas maiores.
Durante a xornada en Láncara, as persoas asistentes poderán participar en experiencias con gafas de realidade virtual, actividades de memoria e xogos de estimulación cognitiva. Ademais, habilitarase un espazo de encontro veciñal para favorecer a convivencia e o apoio comunitario.
A actividade desenvolverase coa colaboración da Cruz Vermella Camper, un vehículo adaptado que se despraza polas distintas localidades para facilitar a participación de todos os veciños.
Ademais, ás 20.00 horas a Cruz Vermella tamén levará á Antiga Escola de Láncara unha obra de teatro chamada 'Secretos de familia' dp obradoiro de teatro A Milagrosa de Lugo, con Guillermo Cancelo.