Láncara acolleu a clausura do obradoiro dual de emprego Os Soutos

SarriaXa
Os obradoiros combinan teoría e práctica para mellorar espazos municipais e favorecer a inserción laboral
obradoiro-Os-Soutos-Láncara-2025
29 Aug 2025

O Concello de Láncara acolleu a clausura do obradoiro dual de emprego Os Soutos, unha actividade financiada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración con 412.000 euros e promovida polos concellos de Láncara, Samos e Paradela.

O taller desenvolveuse durante nove meses e contou con unha vintena de prazas en dúas especialidades formativas: xardinería e conservación e mellora de montes.

A formación teórica completouse con tarefas prácticas que melloraron distintos espazos dos tres municipios. En Láncara realizaron labores de acondicionamento na área fluvial e na zona da estación; en Paradela traballouse no paseo do Malecón e na ruta do Loio; mentres que en Samos actuouse nas contornas da piscina municipal, o campo da festa e a Horta da Botica, ademais de mellorar xardineiras en varios puntos do casco urbano.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou que estes obradoiros “céntranse en sectores nos que existe demanda de profesionais cualificados”, e animou ás persoas alumnas-traballadoras que recolleron os seus diplomas “a aproveitar esta oportunidade para abrirse camiño no mundo laboral”.

Arias subliñou que os programas de formación para o emprego da Xunta “están orientados a cubrir as demandas reais das empresas”, o que contribúe a aumentar as taxas de inserción laboral.

⚙ Configurar cookies
0.16574001312256