Láncara acolleu a conmemoración do 98 aniversario do nacemento de Fidel Castro

SarriaXa
No acto participaron representantes das distintas institucións públicas, así como o embaixador da illa en España, Marcelino Medina e o presidente da Asociación Amistad Láncara- Cuba, Antonio Sobrado Carballo
aniversario-Fidel-Castro-Láncara
13 Ago 2024

A conmemoración do 98 aniversario do nacemento de Fidel Castro, que se celebrou na Casa Museo Ángel Castro de Láncara, Centro de Interpretación da Emigración, contou coa delegación cubana liderada polo embaixador da illa en España, Marcelino Medina, e coa participación da subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e parte dos deputados da Deputación de Lugo.

A subdelegada recibiu á delegación e salientou esta visita institucional como unha oportunidade de tender pontes e reforzar a cooperación entre Lugo e Cuba, facendo mención ás raíces galegas de distintos representantes políticos cubanos e ás visitas que realizaron á provincia.

Pola súa parte, a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, xunto co vicepresidente da institución provincial, Efrén Castro Caloto, e o presidente da Asociación Amistad Láncara- Cuba, Antonio Sobrado Carballo, entre outras autoridades como a e cónsul General para Galiza, Asturias e Cantabria Ingrid Izquierdo Sterling; destacou a importancia deste espazo cultural, reformado e acondicionado coa colaboración da Deputación, situado na casa natal dos fillos e irmáns do líder histórico da Revolución.

Subliñou que “o museo non só preserva e promove o legado cultural e histórico que une Galicia e Cuba, senón que tamén fortalece os lazos económicos e afectivos da emigración galega. A deputada afirmou que “este museo mantén viva a memoria e promove o entendemento mutuo, xa que Cuba ocupa un lugar destacado no corazón dos lucenses, sendo Lugo a provincia galega que máis capital humano achegou ao país no século XX”.

Con respecto ao vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, destacou os lazos que unen ao pobo galego e cubano, fiados por unha emigración masiva de Galicia a América nas últimas décadas do XIX e primeiras do XIX, e reclamou a fin
do bloqueo embargo económico e comercial de Estados Unidos a Cuba, vixente desde hai máis de seis décadas. Ao remate,  Efrén Castro entregou á delegación cubana unha pandeireta do artesán Xaneco Tubio.

0.09010910987854