Láncara acolleu a visita da nova consulesa de Cuba

SarriaXa
Ingrid Izquierdo, a nova consulesa de Cuba para Galicia, Asturias e Cantabria, visitou o Concello de Láncara xunto co viceconsul nunha xuntanza oficial co alcalde, Darío Piñeiro, o tenente de alcalde, Pablo Rivera, e o fillo predilecto de Láncara, Carlos López Sierra.
4 Jan 2023

Ingrid Izquierdo, a nova consulesa de Cuba para Galicia, Asturias e Cantabria, visitou o Concello de Láncara xunto co viceconsul nunha xuntanza oficial co alcalde, Darío Piñeiro, o tenente de alcalde, Pablo Rivera, e o fillo predilecto de Láncara, Carlos López Sierra.

Durante a xornada, o goberno lancarés ofreceulle á representante cubana toda a colaboración posible para desenvolver novos proxectos en común, como algúns de cooperación a nivel internacional.

Ademais, durante a visita, tamén puido desfrutar dun paseo pola Casa Museo Anxo Castro e Centro de Interpretación da Emigración Galega, que sinalou como "un lugar que nos transporta ao pasado e móstranos unha parte importante das nosas orixes, de gran significación para o pobo cubano e referencia de arquivo dos vínculos histórico-culturais entre Cuba e Galicia".

A Casa Museo propúxose como lugar onde organizar iniciativas de tipo cultural, académico ou de intercambio, segundo indicou Pablo Rivera, mentres que desde o Concello defenden un proxecto máis "transversal", que non se limite só a un museo e no que se involucren máis entidades.

Antes de marchar, a consulesa asinou no libro de honra do Concello e deu os seus "mellores desexos e maior vontade de continuar traballando co Concello de Láncara no fortalecemento dos lazos que unen a ambos os pobos".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15594005584717