Láncara anuncia un corte programado de luz o martes 29 de xullo que afectará á zona de Vigo de Galegos

SarriaXa
O corte, motivado por labores de mantemento, afectará a varias vivendas do Lugar Aldea Vigo de Galegos entre as 13:00 e as 14:00 horas
Casa-do-Concello-de-Láncara
20 Jul 2025

O Concello de Láncara comunicou que o vindeiro martes, 29 de xullo de 2025, entre as 13:00 e as 14:00 horas, realizaranse traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica que obrigarán a interromper temporalmente o subministro de electricidade en varias vivendas da parroquia de Vigo de Galegos.

En concreto, veranse afectadas as seguintes direccións: Lugar Aldea Vigo de Galegos, nos números 15, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 28, 29, 30, 31, 32, 9000, 9998 e 9999.

Desde o Concello solicitan desculpas polas molestias que esta interrupción poida ocasionar á veciñanza e agradecen a súa comprensión durante o tempo que duren os traballos.

Para calquera dúbida ou aclaración, as persoas afectadas poden contactar co servizo de atención ao cliente de UFD Distribución Electricidade no número de teléfono 900 333 999.

⚙ Configurar cookies
0.14391398429871