Láncara aproba crear unha liña de axudas para negocios
O Concello de Láncara vén de aprobar a creación dunha liña de axudas para a hostalería e outros sectores afectados pola pandemia. Era unha proposta da alcaldía que contou co respaldo unánime do pleno.
O equipo de goberno lembra que Láncara xa foi o pasado ano un concello "pioneiro" ao establecer axudas a afectados polo estado de alarma, con 38 negocios beneficiados con preto de 20.000 euros. Se ben, a posta en marcha da nova liña de axudas dependerá do que aconteza co fondo de recuperación que creen outras administracións.
Os populares pediron que os fondos "cheguen realmente a quenes o precisen", mentras que dende o BNG chamaron a convocar a comisión covid para abordar o asunto.
Noutra orde de cousas, o BNG presentou unha moción para instar á Xunta a que as traballadoras de axuda no fogar sexan vacinadas de xeito prioritario, unha proposta que tamén foi aprobada de xeito unánime.