Láncara aproba que a súa biblioteca municipal leve o nome de Basilio Losada

SarriaXa
O concello de Láncara aproba por unanimidade que a súa biblioteca municipal leve o nome do intelectual Basilio Losada
biblioteca lancara
2 Ago 2022

Vense de aprobar por unanimidade no pleno de Láncara, a proposta de modificación da denominación da biblioteca pública, que pasará a levar o nome de Basilio Losada. O intelectual, finado recentemente, era fillo predilecto do municipio, e con esta acción preténdese render unha homenaxe á súa traxectoria e ao seu vínculo coa localidade lancaresa.

Na orde do día figuraban tamén outras propostas que foron aprobadas. A solicitude de financiamento á consellería de Medio Rural para levar a cabo as obras de mellora do vial que comunica con O Furco dende a estrada de Becerreá (LU-636). Dende o PP afirman que xa realizaron esta petición en varias ocasións, a última hai dous meses, debido ao estado no que se atopaba o tráfico que soporta, polo que se pedía ao alcalde que a arranxara xa.

Outro dos asuntos a tratar foi a proposta de solicitar financiación á Deputación para cambiar a iluminación no polideportivo de A Pobra de San Xiao. A intención é incorporar luces led, que reducen o consumo e teñen máis capacidade lumínica. Esta proposta tamén foi ratificada por unanimidade, aínda que os populares aseguran que hai tres anos que eles presentaron unha moción similar para o coidado dos espazos deportivos públicos.

En materia económica, houbo discrepancias nalgúns asuntos. A conta xeral de 2021, por un importe de 1,7 millóns de euros foi aprobada por unanimidade, pero non ocorreu o mesmo co pago das obras realizadas antes das últimas eleccións municipais. Segundo indican dende o PP, trátase dunhas facturas antigas, de reformas que cumpriron catro anos de execución e das que non consta a partida presupuestaria.

No referente a rogos e preguntas, os populares solicitaron ao equipo de goberno cambios no tráfico da Rúa Adolfo Suárez de A Pobra de San Xiao. Propoñen que sexa dun solo senso para evitar danos que, segundo dicen, xa se viñeron dando nalgunhas vivendas. Tamén solicitan a colocación de contedores de aceite usado e a limpeza e o coidado da zona do campo da feira.

0.16108894348145