Láncara conseguiu o apoio de tódolos grupos municipais na homenaxe ao persoal de saúde

SarriaXa
El ayuntamiento de Láncara aprobó en el pleno celebrado esta semana la celebración de un homenaje al personal sanitario.
láncara concello
29 Xan 2022

Láncara celebrou este xoves o seu pleno no que se creou unha polémica trala perda dunha tarxeta SIM de móbil propiedade do Concello que na actualidade conta cunha foto de perfil de Whatsapp dunha entidade bancaria.

Neste Pleno aprobouse co apoio de tódolos grupos municipais unha proposta de Alcaldía para recoñecer o traballo do persoal de saúde e sociosanitario, dos voluntarios e de todos os empregados do Concello de Láncara na súa loita contra a COVID-19, polo tanto, cando a situación o permita celebrarase unha homenaxe.

A reunión tamén deu a coñecer os cambios que se producen no goberno local trala renuncia de Begoña López como tenente de alcalde e membro da xunta de goberno e responsable dos servizos sociais, ocupándose así doutras delegacións. Esta renuncia foi por motivos personais.

Ademais, no pleno aprobouse de maneira definitiva o plan especial de infraestruturas e dotacións para a integración destas e as súas conexións coa trama urbana de A Pobra de San Xiao. Esto permitirá comezar os proxectos expostos para a antiga vía do tren como a construción da rotonda de enlace da LU-546 coa rúa Benigno Quiroga, o carril bici ou a senda verde. Neste punto, tanto PP como BNG mostraron a súa desconformidade por non haber sido invitados ao acto de entrega da antiga estación e propuxeron un concurso de ideas sobre as actuacións que se poden levar a cabo nesa contorna.

POLÉMICA
Un número de teléfono pertencente ao Concello conta na actualidade cunha foto de perfil de Whatsapp dunha entidade bancaria. Esto supuxo que tanto PP coma BNG pediran explicacións no pleno celebrado esta semana.

O Alcalde, Darío Piñeiro explicou que a tarxeta, custodiada por Begoña López, desapareceu e cando a edila comunicou a súa perda era fin de semana polo que ata o luns non se puido dar de baixa e denunciar ante a Garda Civil.

0.17472791671753