Láncara arranxará cinco pistas e unha rúa da Pobra de San Xiao cos fondos do Plan Único

SarriaXa
Láncara destinará 200.000 euros del fondo del Plan Único a la mejora de pistas y accesos. Además contratará a 8 trabajadores.
láncara ponte valdriz ponte
12 Feb 2022

Láncara destinará preto de 200.000 euros do Plan Único da Deputación á mellora de pistas e accesos con aglomerado en quente. Estas actuacións levaranse a cabo en cinco pistas rurais e unha das rúas da Pobra de San Xiao.

A rúa Concepción Arenal de Láncara contará cun orzamento de 53.000 euros mentres que os outros 150.000 euros irán destinados aos accesos dos núcleos de Saa, Piñeiroá, Soaxe e Cedrón Xusaos ademais do cemiterio de Traslite. O Servizo de Axuda no Fogar terá unha partida de 10.000 euros.

A cantidade orzamentaria restante, 94.000 euros, serán para a creación de postos de traballo. En total contrataranse catros peóns, un tractorista, un palista e dous albaneis.

Na xunta de goberno celebrada esta semana, tamén se aprobou a petición dunha axuda á Xunta de Galicia para o arranxo dunha estrada de Piñeiroá que terá un custe de 62.000 euros. Esta axuda será solicitada por ambos concellos.

O alcalde, Darío Piñeiro determinou que se requirirá unha axuda á Administración autonómica cun valor de 2.000 euros para o acondicionamento da biblioteca así como para apropiar o acceso a Sebrín, en Toirán. Esta obra terá un custe de 47.000 euros.

Entre os próximos proxecto do Concello atópanse a petición dunha futura subvención para mellorar a pista de acceso a Armea de Arriba, Vilela de Arriba e Vilela de Abaixo.

0.19154214859009