Láncara celebra a Festa da Troita e promove un acto de homenaxe a Don Carlos López Sierra
SarriaXa
O acto de homenaxe terá lugar no miradoiro da Pedreira, en Láncara, a partir das 19:00 horas

2 Sep 2025
O Concello de Láncara organiza este venres, 5 de setembro, dúas actividades que reunirán veciños e visitantes.
A primeira será a tradicional Festa da Troita 2025, que contará coa participación de varios establecementos hostaleiros do municipio.
Ademais, está previsto un acto especial en memoria de Don Carlos López Sierra, un recoñecemento ao legado que deixou na comunidade.
O acto de homenaxe terá lugar no miradoiro da Pedreira, en Láncara, a partir das 19:00 horas, converténdose nun espazo de lembranza e gratitude cara á súa figura.