Láncara celebra a XXVI Feira Degustación da Tenreira Galega

SarriaXa
É unha oportunidade única para gozar dos sabores da gastronomía galega, coñecer as tradicións rurais e explorar unha contorna natural incomparable
Presentación-Feira-da-Tenreira-de-Láncara
26 Jan 2025

A XXVI Feira Degustación da Tenreira Galega de Láncara terá lugar os días 30 de abril e 1 de maio de 2025. Este evento, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, combina tradición, gastronomía e actividades culturais no corazón da provincia de Lugo.

Así, o 30 de abril celebrarase a XV Festa dos Avós, que incluirá unha foliada popular e a degustación gratuíta de carne de Tenreira Galega Suprema na Praza dos Labradores.

Pola súa banda, durante a xornada do 1 de maio haberá unha exposición de gando vacún, unha poxa de xovencas na que os compradores serán premiados por Caixa Rural, e degustacións de carne de Tenreira Galega Suprema e outros produtos do campo.

O evento está organizado polo Concello de Láncara, en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e diversas entidades locais.

É unha oportunidade única para gozar dos sabores da gastronomía galega, coñecer as tradicións rurais e explorar unha contorna natural incomparable como o que rodea a emblemática ponte medieval da localidade.

0.10328102111816