Láncara celebra a XXVII Feira Degustación da Tenreira Galega os vindeiros 30 de abril e 1 de maio

O Concello de Láncara organiza os vindeiros 30 de abril e 1 de maio a XXVII Feira Degustación da Tenreira Galega na Pobra de San Xiao, unha cita declarada de Interese Turístico de Galicia que contará con dúas xornadas cheas de actividades para todos os públicos. O evento combinará tradición, gastronomía e cultura nun completo programa que arrinca coa XVII Festa dos Avós e culmina coa feira de exposición de gando vacún.
A programación comezará o 30 de abril coa XVII Festa dos Avós. Ás 12.30 horas terá lugar a recepción por parte da corporación municipal na carpa instalada no Campo da Feira da Pobra de San Xiao. Ás 13.00 horas haberá unha actuación musical do Dúo Dilema, seguida ás 13.15 horas da intervención das autoridades. Ás 13.45 horas celebrarase a comida na carpa, mentres que ás 16.30 horas o Dúo Dilema volverá actuar para pechar a xornada festiva.
O segundo día, 1 de maio, estará centrado na XXVII Feira da Tenreira Galega. Ás 10.00 horas abrirase oficialmente a feira, coincidindo tamén cunha exhibición das escolas deportivas no pavillón municipal. Ás 12.00 horas terá lugar a recepción das autoridades no recinto feiral, seguida ás 12.15 horas da apertura de postos con degustación gratuíta de queixos artesáns, sidra ecolóxica do país e empanada de tenreira galega.
Ás 12.30 horas celebrarase a subasta de varias xovencas, e ás 12.45 horas realizarase un percorrido polo recinto feiral e a visita ás instalacións do gando. A esa mesma hora actuará o grupo de música tradicional Val de Láncara. Ás 13.15 horas terá lugar o pregón, a cargo de José Mª Álvarez Vilabrille.
A xornada continuará ás 13.30 horas coa sesión vermú a cargo de Punto Clave, seguida ás 14.00 horas do xantar con carne de Tenreira Galega Suprema. Pola tarde, ás 16.30 horas, haberá unha exhibición de cetrería e, ás 17.30 horas, unha exhibición ecuestre. Ás 18.30 horas procederase á entrega de premios do concurso de gando vacún e ao sorteo dunha becerra. Finalmente, ás 19.30 horas, Punto Clave poñerá o broche final cunha nova actuación musical.