Láncara celebra as súas festas cun amplo programa do 5 ao 8 de setembro

SarriaXa
As orquestras Sinfonía, Principal e Punto Clave, así como o grupo La Fábula, DJ Min e a formación Caivanca marcarán as catro xornadas festivas
Orquestra-Sinfonia
26 Aug 2025

O Concello de Láncara prepara as súas tradicionais festas na honra da Virxe do Carme, que se celebrarán entre o 5 e o 8 de setembro cun programa variado no que destacan as verbenas, as actuacións musicais e os actos relixiosos.

A programación arrincará o venres 5 coa Festa da Troita, que incluirá ás 22:00 horas unha actuación do grupo Caivanca diante de Casa Enriqueta no marco do programa Tradigalu. Ese mesmo día, celebrarase ademais unha pancetada popular e unha verbena coa música do grupo La Fábula e DJ Min.

O sábado 6 continuará a festa con nova sesión musical, mentres que o domingo 7 terá lugar a misa solemne e a procesión ás 13:00 horas, seguida da sesión vermú coa orquestra Sinfonía. Pola tarde e noite, a verbena estará amenizada polas orquestras Sinfonía e Principal.

O luns 8, día grande, volverá celebrarse misa solemne e procesión ás 13:00 horas, cunha sesión vermú a cargo da orquestra Punto Clave, que tamén ofrecerá verbena pola noite para poñer o broche final ás celebracións.

⚙ Configurar cookies
0.1528480052948