Láncara celebra o Entroido 2025 con música, gastronomía e diversión
SarriaXa
O evento, organizado pola Asociación Cultural Val de Láncara, promete unha velada chea de tradición, música e gastronomía típica

26 Feb 2025
A parroquia de Láncara prepárase para vivir unha gran festa de Entroido o vindeiro 2 de marzo ás 20:00 horas na Antiga Escola de Láncara.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Val de Láncara, promete unha velada chea de tradición, música e gastronomía típica.
Os asistentes poderán gozar dunha degustación de liscos, chourizos e filloas, ademais de participar nun sorteo especial para as persoas que acudan disfrazadas.
A celebración contará coas actuacións do grupo Infantil Val de Láncara e de Manuel e o seu acordeón.