Láncara celebra o seu Magosto Popular en A Pobra de San Xiao o 16 de novembro

SarriaXa
O Concello de Láncara organiza unha celebración con empanada, chourizos e castañas no Polifuncional Campo da Feira
Castañas asadas
24 Oct 2025

O Concello de Láncara convida a veciños e veciñas a participar no Magosto Popular, que se celebrará o domingo 16 de novembro a partir das 14:00 horas no Polifuncional Campo da Feira da Pobra de San Xiao.

O menú incluirá empanada, iscos, chourizos e castañas, nun ambiente festivo que busca manter viva a tradición do magosto outonal.

As persoas interesadas poden inscribirse na biblioteca municipal ou chamando ao 982 543 066 antes do 12 de novembro. O evento contará cun aforo limitado, polo que se recomenda reservar con antelación.

Esta actividade está organizada polo Concello de Láncara e colabora a Asociación de Mulleres Rurais.

⚙ Configurar cookies
0.065759897232056