Láncara comeza setembro coa tradicional Festa da Troita e cunha festa acuática para os máis cativos
SarriaXa
O concello de Láncara comeza setembro coa tradicional Festa da Troita e cunha festa acuática para os máis cativos
31 Ago 2022
Dende o concello de Láncara dan a benvida ao mes de setembro con moita forza. O venres os lancaraos celebrarán a Festa Troita e o sábado día 3 estará cheo de xogos de auga que terán lugar praia fluvial.
Na Festa da Troita tódolos asistentes poderán degustar este manxar típico da zona. É un evento que a parte de contar coa participación do concello, contará tamén con distintos establecementos como a Taberna de Cedrón, a Taberna de Armea, Casa Enriqueta, Casa Benita e a Taberna de Muro.
Por outra banda, ao día seguinte os nenos do municipio poderán desfrutar da festa acuática que se celebrará na praia fluvial entre as 17.00 e as 20.00 horas. O recinto estará cheo de inchables, kaiaks, tobogáns e rocódromos entre outras moitas actividades.