Láncara desaconsella o baño na praia fluvial

SarriaXa
Láncara informou de que non se recomenda o baño na praia fluvial da Pobra de San Xiao, según indicacións da Consellería de Sanidade.
lancara rio
11 Xuño 2021

O Concello de Láncara informou de que non se recomenda o baño na praia fluvial da Pobra de San Xiao, según indicacións da Consellería de Sanidade. Así pois, segundo a Consellería sinalan que existe unha contaminación temporal da auga por presenza de enterococos intestinais. Por esta razón, solicitouse á Xunta a realización de máis analíticas noutros puntos do río para coñecer a causa de dito problema.

Aínda así, a praia fluvial aínda non se atopa aberta ao público na tempada de verán e dende o concello esperan que a situación se normalice o máis rápido posible.

Por outra banda, dende o BNG piden explicacións e sinalan que esta situación non é nova, senón que se está repetindo.

praia fluvial lancara
0.18354392051697