Láncara organiza un mercadiño de Nadal na antiga casa consistorial de Carracedo
SarriaXa
A actividade incluirá postos de artesanía, contacontos, actuación musical de panxoliñas e chocolate con churrros

12 Dec 2025
A Asociación Cultural Val de Láncara, xunto co Concello de Láncara, organiza o vindeiro sábado 27 de decembro un mercadiño de Nadal na antiga casa consistorial de Carracedo.
Durante a xornada, as persoas que se acheguen poderán visitar diversos postos de venda e artesanía a partir das 12:00 horas.
Ás 12:30 horas haberá un contacontos, e máis tarde, unha actuación musical con panxoliñas a cargo do grupo Val de Láncara.
Ademais, todos os asistentes poderán gozar de chocolate con churrros para completar a celebración.