Láncara organiza unha actividade de misterio na biblioteca con Antía Yáñez

A Biblioteca de Láncara converterase o vindeiro 3 de outubro nun espazo cheo de misterio e aventuras grazas á actividade “Rescate na biblioteca”, dirixida pola escritora Antía Yáñez.
A proposta terá lugar ás 16:00 horas e convida aos participantes a resolver un enigma no que Carmina e Xustino, dous bibliotecarios peculiares, secuestraron criaturas que agocharon entre os libros.
A actividade, de carácter gratuíto, está pensada para nenos e nenas que deberán seguir as pistas e anotacións deixadas polos protagonistas para atopar as criaturas desaparecidas.
Intriga, diversión e moitas sorpresas agardan aos asistentes nesta iniciativa que busca fomentar a lectura e o gusto pola literatura dun xeito lúdico e participativo.