Láncara prepárase para celebrar a súa Festa Acuática o 23 de xuño na praia fluvial

SarriaXa
A festa desenvolverase nun ambiente familiar e ao aire libre, aproveitando os atractivos naturais da contorna fluvial
área-recreativa-Lancara
16 Jun 2025

A Praia Fluvial de Láncara acollerá unha gran Festa Acuática o vindeiro 23 de xuño a partir das 17:00 horas.

A actividade, organizada polo Concello de Láncara, ofrecerá unha tarde de diversión para todos os públicos con inchables acuáticos instalados no río, como parte da programación estival do municipio.

Trátase dunha proposta pensada especialmente para o público máis novo, pero aberta a toda a veciñanza e visitantes que queiran gozar dunha xornada refrescante e lúdica.

A festa desenvolverase nun ambiente familiar e ao aire libre, aproveitando os atractivos naturais da contorna fluvial.

⚙ Configurar cookies
0.13604593276978