Láncara prepárase para celebrar o Lume Novo cunha noite de sardiñas, música e tradición
SarriaXa
O evento, organizado pola Asociación Cultural Val de Láncara coa colaboración do Concello, contará cunha fogueira tradicional

19 Jun 2025
O concello de Láncara acollerá unha nova edición do Lume Novo, unha celebración popular que terá lugar na antiga escola da localidade a partir das 21:00 horas.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Val de Láncara coa colaboración do Concello, contará cunha fogueira tradicional acompañada dunha degustación de sardiñas, chourizos, panceta e bebidas.
Todo isto estará amenizado con música, nunha noite pensada para gozar en comunidade e manter viva a tradición dos lumes de San Xoán.