Láncara presenta o proxecto Rede de Cidades e Comunidades Amigables Coas Persoas Maiores esta tarde
O Concello de Láncara organiza unha charla informativa para esta tarde ás 16.00 horas no antigo centro médico para informar do proxecto Rede de Cidades e Comunidades Amigables coas Persoas Maiores ao que está traballando por adherirse.
Esta iniciativa, promovida pola Organización Mundial da Saúde e o Instituto de Maiores e Servizos Sociais, ten como obxectivo crear contornas onde as persoas poidan envellecer dignamente e con calidade de vida, tendo en conta as súas necesidades, opinións, demandas e propostas das persoas maiores en todos os ámbitos da política local.
Todas as persoas interesadas en coñecer máis sobre esta iniciativa poderán achegarse ao antigo centro médico, onde se explicarán todos os detalles da iniciativa e pedirán voluntarios para facer grupos de estudo de maiores de 60 anos e tamén de profesionais sanitarios co fin de analizar as infraestruturas e as necesidades deste grupo de poboación.
Segundo sostén Alba Sangil, concelleira de Desenvolvemento Local, Cultura, Deporte, Medio Ambiente, Participación Veciñal e Novas Tecnoloxías, “a intención de goberno local é saber en que se pode mellorar porque queremos facer un plan de acción despois deste análise para poder actuar desde o Concello”.