Láncara promove un verán educativo e conciliador con máis de 30 nenos e nenas nos campamentos municipais

SarriaXa
O Concello aposta por ofrecer alternativas seguras e formativas durante xullo e agosto para facilitar a conciliación das familias
campamento-Láncara
28 Jul 2025

O Concello de Láncara reafirma este verán o seu compromiso coa veciñanza a través dunha nova edición dos campamentos municipais, unha iniciativa xa consolidada na programación estival do municipio. Máis de trinta nenos e nenas participan neste programa, que busca facilitar a conciliación da vida familiar e laboral ao tempo que ofrece un espazo seguro, activo e educativo para a infancia.

Durante os meses de xullo e agosto, os participantes gozan dunha programación diversa e adaptada ás distintas idades, que inclúe actividades como manualidades, xogos cooperativos, propostas deportivas, o tradicional Mundialito de Fútbol Sala e o Campus Xuvenil. O obxectivo non é só o entretemento, senón tamén a formación en valores como a convivencia, o respecto mutuo, o compañeirismo e os hábitos saudables.

O alcalde en funcións, Pablo Rivera Capón, acompañado polo concelleiro de Réxime Interior e Facenda Local, Juan José Díaz Gómez, visitou o campamento e puxo en valor o papel destas políticas públicas: “Estes campamentos non son simplemente unha alternativa de lecer durante o verán. Son unha ferramenta fundamental para axudar á conciliación, garantir que os nenos e nenas teñan un espazo seguro, activo e enriquecedor, e reforzar os vínculos sociais e educativos dentro do noso concello”, sinalou.

⚙ Configurar cookies
0.66765713691711