Láncara proxecta 'Matria', protagonizada por María Vázquez

SarriaXa
A actriz, recoñecida co Premio Ramón Piñeiro Facer País 2025, será homenaxeada este sábado cunha proxección na antiga escola do municipio
Matria-peli
7 Nov 2025

Láncara converterase este sábado nun punto de encontro co cinema galego coa proxección da película Matria, protagonizada por María Vázquez, recente gañadora do Premio Ramón Piñeiro Facer País 2025.

A sesión terá lugar ás 20:00 horas na antiga escola de Láncara, nunha actividade que busca celebrar o talento e o compromiso cultural da intérprete.

A organización anima a veciños e visitantes a participar nesta cita cultural, que combina cine, recoñecemento e encontro social.

A película, que conquistou o público e a crítica pola súa mirada sincera e emocional sobre a realidade das mulleres galegas, servirá como homenaxe á traxectoria e ao labor de María Vázquez, unha das figuras máis destacadas do audiovisual galego actual.

⚙ Configurar cookies
0.065190076828003