Láncara repartirá 1.750 euros en premios na súa Festa do Entroido o vindeiro 4 de marzo

O próximo 4 de marzo, a partir das 16.30 horas, Láncara celebrará o esperado concurso de disfraces do Entroido 2025, que contará con diversas categorías para todos os públicos.
Os participantes poderán competir nas seguintes modalidades: Individual (maiores de 12 anos), Parellas (maiores de 12 anos), Comparsas Infantís (de 0 a 16 anos), Comparsas de Adultos (maiores de 16 anos) e Carrozas.
O evento ofrecerá atractivos premios para as mellores creacións, con premios que van desde os 50 ata os 300 euros, podendo chegar ata os 1.750 euros. As inscricións xa están abertas e os interesados poden anotarse na biblioteca municipal ou a través da sede electrónica do Concello, cun prazo ata o 3 de marzo ás 13.00 horas.
Para os máis pequenos, ofrecerase unha animación infantil con inchables e música, asegurando diversión para toda a familia. Ademais, para ambientar aínda máis a festa, a Charanga Bamboleo acompañará o desfile co seu ritmo característico, e ao finalizar o concurso, percorrerá o pobo para seguir animando a celebración.