Láncara suma un desfile e unha festa infantil as súas actividades do Entroido
Ás actividades do Entroido organizadas pola Asociación Val de Láncara que terán lugar o día 27 de febreiro súmase unha festa infantil con desfile de disfraces o día 1 de marzo.
O martes 1 de marzo a partir das 16.30 horas comezará na estación do tren da Pobra de San Xiao un desfile de disfraces con categoría individual, parellas, comparsas infantís, comparsas de adultos e carrozas. As inscricións poden realizarse ata o 28 de febreiro nas oficinas municipais.
Ese día haberá tamén unha festa infantil de entroido con inchables, pintacaras, toro mecánico, etc.
Esta cita súmase á festa organizada pola Asociación Val de Láncara o 27 de febreiro na antiga escola de Láncara que ofrecerá chourizos, liscos e filloas, nunha cita amenizada polo Duo Meritxell. A participación nesta xornada será gratis para socios e terá un custe de 5 euros para os non socios.