Láncara: un paseo pola historia
O Concello agocha un importante legado que se coñece cun percorrido por distintos puntos do seu termo municipal.
Os numerosos castros que aínda hoxe se conservan no municipio de Láncara son proba dun pasado de asentamentos humáns moi antigos. Están repartidos por todo o municipio, pero con especial incidencia nas zonas oeste e sur. Os máis destacados son: Castro do Monte en Bande; Cairedo en San Miguel de Monseiro; Croa do Castro en Pobra de San Xiao; Eixor en Toirán; Seteventos en Toldaos; O Castro en Trasliste; Cabezais en Vilouzán, Castro de Cedrón e Castro de Muro.
Da época romana consérvase como principal referencia a Ponte de Carracedo, que cumpría a función de paso do río Neira na antiga vía de Lucus Augusti. Na Idade Media o paso pola ponte de Carracedo estaba gravado cun portazgo, imposto que debía pagar quen quixera cruzala. Nesta época atopamos alusións a Láncara nunha orde pola que se manda entregar a vila de San Xiao á Igrexa de Santiago. A vila pasaría posteriormente xa no século XIV os dominios do ilustre Don Fernando de Castro, Señor de Lemos. O privilexio data do ano 1360.
A primeira noticia documental que temos de Láncara data do século X, cando Don Gonzalo, fillo de Alfonso III, fai doazón, no seu testamento, da vila de Láncara ó Bispo de Santiago de Compostela, mentres outros lugares do municipio pertencían o Mosteiro de Samos.
Da vinculación con Samos son boa proba as repetidas mencións a poboacións, igrexas ou mosteiros que aparecen no Tumbo de Samos, onde se fai mención a diversas localidades. Patrimonio do mosteiro de Samos foron entre outras as igrexas de : San Xoán de Trasliste, Santa María de Neira de Cabaleiros, San Pedro de Bande, San Xoán de Muro, San Pedro de Láncara, Santiago de Cedrón, etc
A vila de Láncara converteuse en señorío de Láncara dende a época en que foi recuperada por Ordoño II, irmán de Don Gonzalo, en troca co Bispo de Compostela polas vilas de Oza e Cela.
Durante os séculos XVII e XVIII, época dourada da nobreza en Galicia, construíronse residencias señoriais en Láncara, A Pobra, Cedrón, Trasliste… e familias de renome, como os Castro, Bolaño, Ulloa, Ribadeneira, Quiroga, Deza…tiveron nestas terras os seus pazos.
A principios do século pasado extendéuse por toda Galicia o fenómeno da Solidariedade Galega. Movemento que naceu na Coruña e que orixinou un forte desenvolvemento do movemento agrario na busca de mellares condicións de traballo. Nesta zona desenvolveronse campañas na procura da Redención Foral. Reividicábanse a abolición dos foros, e organizarónse mitins e xuntas durante os primerios anos do século XX.
Nas décadas de 1830 e 1840 lévanse a cabo varias reformas institucionais e administrativas que nos afectan, divididónse o municipio de Láncara e dous : Láncara e A Pobra de San Xiao. O actual municipo de Láncara surxe no 1889. A capitalidade do concello estaba emprazada en Carracedo, onde se construiu un novo edificio no ano 1910 para alberga-la Casa Consistorial.
Coa construcción da liña de ferrocarril Sarria-Lugo no 1880 Pobra de San Xiao foi gañando importancia en detrimento de Láncara, feito que rematou co trastado da capitalidade municipal á Pobra en abril de 1958.