Laura Celeiro deixa a política despois de 17 anos dedicada ao PSOE do Incio

SarriaXa
Laura Celeiro vén de renunciar á súa acta como concelleira do PSOE no Concello do Incio despois de 17 anos como membro da corporación municipal e ser alcaldesa durante dous mandatos en 2011 e no 2015.
20 Mar 2024

Laura Celeiro vén de renunciar á súa acta como concelleira do PSOE no Concello do Incio despois de 17 anos como membro da corporación municipal e ser alcaldesa durante dous mandatos en 2011 e no 2015.

Así, pecha unha etapa na súa vida no ámbito da política para centrarse na súa vida persoal despois de valorar a súa traxectoria na política local, satisfeita co traballo realizado e agradecida á veciñanza e aos seus compañeiros de partido.

Laura Celeiro naceu no Incio no ano 1981 e, a pesar de ser avogada de profesión, comezou a súa andaina na política aos 25 anos, aínda que non foi ata o 2006 cando o PSOE a presentou como candidata no Incio. En 2011 foi elixida como alcaldesa, converténdose na primeira rexedora muller do Incio e a máis nova da provincia de Lugo. Tiña 29 anos.

Con respecto á persoa que sucederá a Laura Celeiro como portavoz do PSOE, aínda que se pensa que será Iría Pereiro, a número cinco da candidatura das pasadas eleccións municipais, quen entrará como nova concelleira socialista no municipio.

0.16952800750732